8 de Outubro| Oportunidades de negocio multisectorial en China e India

8 de Outubro| Oportunidades de negocio multisectorial en China e India

O próximo 8 de outubro celébrase un taller dentro do marco do proxecto  Ecicii Plus en colaboración co Banco Sabadell. No devandito taller contaremos con expertos que che darán as claves para poder aproveitar as “Oportunidades económicas existentes en China e India”, dúas das economías mundiais que maior crecemento están experimentado.

Terá lugar o martes 8 de Outubro ás 09:45 h, no Salón Galicia da Confederación de Empresarios de Pontevedra ( rúa García  Barbón nº 104. Vigo) e constará do seguintes tres partes:

  • Primeira parte do taller, centrado en China, onde contaremos coa participación de D. Hugo Tian, Director Xeral do “China Center Paris” e dunha empresa galega que nos contará a súa experiencia de Internacionalización neste país.
  • Nunha segunda parte profundaremos sobre India da man de D. Arun Kumar,, Conselleiro de ” Sunpower” en India e de D. Gonzalo Varela, Director de GV Solucións, empresa con filiar en India.
  • Por último, D. Javier Balbín, Director de Negocio Internacional do Banco Sabadell, falaranos da forma de operar en cada unha destas economías e dos instrumentos financieiros de apoio que brinda o Banco Sabadell para estes mercados.

Tras a pausa para o café darase oportunidade aos asistentes de manter reunións bilaterais cos intervenientes (previa inscrición).

Consulta o Programa da Xornada. Aqueles interesados en asistir poderano facer a través do formulario en Inscripción.