A CEP impulsa a internacionalización de empresas galegas e lusas de contract, enxeñería e náutica en Colombia e Panamá

A CEP impulsa a internacionalización de empresas galegas e lusas de contract, enxeñería e náutica en Colombia e Panamá

Dous prescritores panameños e outro de orixe colombiana, representantes dos sectores contract, enxeñería civil e náutica, participan, entre o 5 e o 9 de novembro, na misión inversa organizada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza ECICII+, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, co obxectivo de contribuír á internacionalización de empresas dos devanditos sectores asentadas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A CEP, que lidera o proxecto ECICII+, colaborou nesta iniciativa coa Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías de Información e Comunicación (INEO), socia do proxecto, e a Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (Ageinco), adscrita á confederación pontevedresa.

Nota de prensa