Asesoramento para a creación de Alianzas Estratéxicas para a Internacionalización conxunta Mais márketing e negocio Internacional na era Dixital

Asesoramento para a creación de Alianzas Estratéxicas para a Internacionalización conxunta Mais márketing e negocio Internacional na era Dixital

INEO segue poñendo en marcha actividades enmarcadas no proxecto  ECICII PLUS (Programa INTERREG V-A España-Portugal -POCTEP- 2014-2020), financiado con Fondos FEDER, que ten como obxectivo o fomentar e axudar á internacionalización das empresas (Pemes) da euro rexión.

Nesta ocasión presenta un servizo de asesoramento e  tutorización para a creación de  Joint  Ventures ou alianzas para a internacionalización conxunta de empresas, polo cal se crearán diferentes Grupos de Traballo, formados por empresas galegas e do norte de Portugal, que teñan interese en buscar aliados e en atopar posibles fórmulas para unha internacionalización conxunta en base a intereses comúns segundo sectores, mercados, etc. Nestes Grupos de Traballo as  empresas serán  tutorizados e asesorados por expertos, poñéndoas ademais en contacto con posibles  partners en destino.

Se desexa formar parte desta iniciativa póñase en contacto con INEO antes do 15 de Julio a través do seu correo electrónico: ineo@ineo.org