Chefs e importadores de Colombia, Perú e Panamá descobren as potencialidades agroalimentarias do Norte de Portugal para enriquecer os seus mercados

Chefs e importadores de Colombia, Perú e Panamá descobren as potencialidades agroalimentarias do Norte de Portugal para enriquecer os seus mercados

Continuando coa expectativa de ampliar a carteira de produtos e ofrecer maior variedade aos seus mercados de orixe os chefs e importadores participantes na Misión Inversa de Colombia, Perú e Panamá, enmarcada no programa ECICII+ e organizada en cooperación co IGAPE, dentro do Programa de Organismos Intermedios 2017, mantiveron contactos profesionais en Braga e O Porto.
O Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía ( INL polas súas silas en inglés International Iberian Nanotechnology Laboratory), centro de investigación de referencia do Norte de Portugal, mostraron aos chefs Javier Ampuero e Charlie Otero, de Perú e Colombia, respectivamente, os seus principais proxectos de innovación gastronómica e culinaria baseados na nanotecnoloxía. O chef Vasco Guimaraes convidou os seus homólogos a unha degustación de gastronomía tradicional lusa seguindo o movemento slowfood.
Mentres tanto, os importadores mantiveron contactos no Porto con empresas de diversos, antes de reunirse con empresarios na CEP pola tarde.