Comeza a X Semana Internacional Contract Galicia

Este decembro terá lugar a X Semana Internacional Contract Galicia, organizada por  ECICII+, Interreg España-Portugal e a Xunta de Galicia. O evento arrincará o 9 de decembro, coa xornada en liña, que supón o pistoletazo de saída, e continuará os días 10 e 11, mediante distintas reunións entre diversos prescritores internacionais e empresas galegas. Para inscribirche e conseguir unha praza tan só tes que encher este formulario en liña.

O día 9, ás 16:00 hora española, Francisco Conde López, o vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, procederá á inaguración da xornada en liña. David Cámara, o director de UNEX, tomaralle a substitución para presentar e introducir os contidos da xornada. Ás 16:15 comezarán as charlas: “Situación actual e perspectivas nos mercados prioritarios“, por Marco Praga, desde Bogotá; “Como se están traballando os proxectos e as colaboracións con empresas internacionais?“, por Enrique Villanueva, desde Ciudad de México; “Como estimular a dinámica do mercado na situación actual?“, por Felipe Rock, desde Cancún; e “Novas necesidades e solucións“, por Tomás Piquero, desde Miami.

Ás 16:45 será a quenda de Jairo Vives, Renata López de León e Federico Aguilar, quen conversará sobre “Deseño e colaboración creativa no centro das novas solucións e base estratéxica para manter e mellorar o posicionamento nos mercados internacionais“. Tras eles, ás 17:15 terá lugar a “Mesa de debate con relatores e experiencia empresarial en Galicia“, moderada por Marcos Rioseco. Para poñer o punto final, ás 17:45 a charla”Ecosistema Contract Galicia no contexto internacional” pechará o día, coa participación de María José Mariño, Carlos Calvo, Elena Fabeiro e José Ignacio Lema.

Durante a xornada informarase sobre a posibilidade de concertar reunións entre empresas galegas e prescritores internacionais, as cales terán lugar os días 10 e 11, de 16:00 a 17:00.

Este proxecto é posible grazas ao cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, no marco do programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020.