Empresas de contract, enxeñería e náutica exhiben o seu potencial ante prescritores de Colombia e Panamá

Empresas de contract, enxeñería e náutica exhiben o seu potencial ante prescritores de Colombia e Panamá

Achegar o potencial das empresas de  contract, enxeñería e náutica de Galicia e o Norte de Portugal ás oportunidades de negocio en Colombia e Panamá, promovendo a súa cooperación e internacionalización, é o obxectivo da misión inversa organizada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra ( CEP) no marco do proxecto europeo  ECICII+.

Dende onte e ao longo de toda a semana os prescritores invitados – Antonella  Farah Louis, de Colombia, e  Tania González Torres e  Haris  Kozo  Abramovic, de Panamá-, desenvolverán unha intensiva axenda de traballo, mantendo contactos profesionais con máis de 20 empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Nota de prensa