
23 Mar Inscríbeche ao webinar “Ferramentas de axuda á internacionalización”
O vindeiro xoves 25 de marzo, ás 09:00, terá lugar o webinar “Ferramentas de axuda á internacionalización. Contidos dixitais noutros idiomas en texto e voz para comunicarnos cos nosos mercados exteriores”, organizado por ECICII+ e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), coa colaboración de Interreg España-Portugal.
O evento celebrarase a través da plataforma Zoom, e pretende educar aos asistentes para que aprendan a editar vídeos coa locución en inglés e saiban como adaptar os textos e a locución ao idioma do mercado de destino.
A actividade de comunicación e promoción internacional necesita da tradución dos contidos promocionais ao inglés ou ao idioma nativo do potencial comprador. As canles de comunicación habituais nos que utilizamos outros idiomas son os correos, comunicacións, webs, redes sociais, vídeos e podcasts.
Aínda que as solucións dixitais de tradución son relativamente coñecidas, non ocorre o mesmo coas solucións de locución noutros idiomas dirixidas a realizar mensaxes de voz, podcasts ou tradución de vídeos.
Nesta sesión práctica, Carlos Enrile ofrecerá solucións dixitais tanto de tradución como de locución a outros idiomas baseadas en ferramentas dispoñibles na nube a un custo moi baixo. Ademais, aprenderemos a converter texto e audio en español a outros idiomas utilizando as ferramentas de Intelixencia Artificial.
O programa tratará aspectos como os contextos nos que utilizar o audio gravado noutro idioma, a mensaxe de vídeo, a estrutura do vídeo, o contido, o uso de vídeo de empresa de participantes para a súa tradución ao inglés, a edición do vídeo en español, a creación do texto en inglés, o uso do programa de locución automática, a substitución do audio en español polo audio en inglés e a publicación dun vídeo en inglés por parte dos participantes.
A participación é totalmente gratuíta e poderá realizar a súa inscrición facendo CLIC AQUÍ. Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a europeos@ceo.es.
Esta acción, organizada pola Confederación Empresarial de Ourense, celébrase no marco do proxecto ECICII PLUS, financiado polo programa INTERREG V-A España- Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.