Invitación formación específica en financiamento para a internacionalización

Invitación formación específica en financiamento para a internacionalización

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) foi beneficiaria dun proxecto europeo de Cooperación transfronteiriza (POCTEP), denominado ECICII PLUS.

Os socios do proxecto  ECICII PLUS son as seguintes entidades:
1. CEP
2. IGAPE
3. AEP
4. CEO
5. AEVC
6. INEO

O obxectivo xeral do proxecto é fortalecer a capacidade de internacionalización das PEMES da Eurorrexión, a través da intensificación da cooperación e do aproveitamento das sinerxias da experiencia galega e do Norte de Portugal, apostando tamén pola experimentación con modelos de internacionalización multisectorial, onde empresas intensivas en coñecemento se  alíen con empresas tradicionais de sectores estratéxicos na eurorrexión, con maior experiencia en internacionalización, para saír ao exterior nunha oferta conxunta.

Para alcanzar o obxectivo xeral do proxecto, levarán a cabo 4 grandes grupos de actividades a ser realizadas polos socios do proxecto de maneira colaborativa.
*Actividade 1: Análise competitiva de mercados e empresas
*Actividade 2: Consolidación de servizos conxuntos de apoio á internacionalización
*Actividade 3: Fomento da cooperación empresarial para a internacionalización
*Actividade 4: Potenciación do coñecemento dos produtos e as vantaxes competitivas das empresas da eurorrexión en mercados de destino.
El proyecto tiene un horizonte temporal de ejecución que finalizará a 31 de Diciembre de 2019.

Neste prego  poderá consultar as instrucións, normas e especificacións que rexerán a contratación por parte da CEP das actividades que se relacionan.