INVITACIÓN XERAL A EMPRESAS A PARTICIPAR NO PAVILLÓN DE ESPAÑA NO MOBILE WORLD CONGRESS BARCELONA 2020

INVITACIÓN XERAL A EMPRESAS A PARTICIPAR NO PAVILLÓN DE ESPAÑA NO MOBILE WORLD CONGRESS BARCELONA 2020

Red.es, entidade pública do Ministerio de Economía e Empresa, adscrita á Secretaría de Estado de Avance Dixital,abre o prazo para que as compañías do sector TIC e a mobilidade soliciten a súa participación noPavillón de España do próximo Mobile World Congress 2020 (MWC2020). Por oitavo ano consecutivo, ata 65 empresas españolas integrarán este espazo de representación institucional co obxectivo de mostrar os mellores proxectos nacionais vinculados á industria do móbil.

As firmas seleccionadas dispoñerán dun estand personalizado (50) ou do denominado pack visita (15) na maior feira tecnolóxica do mundo que lles permitirá impulsar a súa internacionalización, presentar novos produtos e buscar oportunidades de negocio, así como mellorar a súa visibilidade e notoriedade. Os sectores representados en anteriores edicións foron exemplo dun tecido empresarial de vocación tecnolóxica, carácter dinámico e centrado na innovación a través de proxectos vinculados a ámbitos tan variados como as cidades intelixentes, a ciberseguridad, o internet das cousas, a intelixencia artificial ou o 5 G entre outros.

Está previsto que MWC 2020 abra as súas portas nas instalacións da Fira de Barcelona do 24 ao 27 de febreiro nun evento organizado po Global Systems for Mobile Association ( GSMA), a patronal mundial que congregou na última edición a máis de 109.000 visitantes internacionais e a preto de 3.640 medios de comunicación.

Para solicitar a participación é necesario acceder á sede electrónica de Red.es, fixándose a data límite do 16 de setembro para realizar a mencionada inscrición.

Consulta toda a información nesta ligazón.