IX Semana Internacional Contract Galicia

IX Semana Internacional Contract Galicia

O IGAPE organiza a  IX Edición da  Semana Internacional  Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio do Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 30 de setembro ao 3 de outubro.

Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do  networking que favoreza o negocio internacional.

Este ano, inclúese algunhas novidades que achegarán sen dúbida un importante valor engadido aos asistentes:

O evento se ampla ao marco da Eurorrexión (Galicia – Norte de Portugal), para o que contaremos cunha boa representación do país veciño como é a Asociación de Empresarios de Portugal ( AEP) e tamén empresas de referencia portuguesas no sector do  contract.

Con motivo da participación portuguesa, está previsto que a xornada inaugural celébrese o día 30 de setembro en Santiago de Compostela e  a xornada de clausura no Porto o día 3 de outubro.

Para as empresas que desexen asistir ao evento o día 3 en Portugal, dispoñeremos dun autobús con saída da sede de IGAPE en Santiago de Compostela e regreso despois de clausúraa. Informarase do horario.

Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do  networking que favoreza o negocio internacional. Incluirá dúas actividades diferenciadas nas que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse, a través da web de IGAPE, en función do seu perfil.

Consulta toda a información  neste enlace.