A Lonxa do Porto de Vigo ensina os seus segredos aos chefs da Misión inversa Colombia, Perú e Panamá

A Lonxa do Porto de Vigo ensina os seus segredos aos chefs da Misión inversa Colombia, Perú e Panamá

Charlie Otero, chef colombiano experto en peixes e mariscos, e Javier Ampuero, chef peruano profesor do Instituto Cordon Blue de Perú, visitaron hoxe a Lonxa de Vigo dentro do programa de actividades da Misión Inversa de Colombia, Perú e Panamá, enmarcada no programa ECICII+ e organizada en cooperación co IGAPE, dentro do Programa de Organismos Intermedios 2017.

Ambos os profesionais comprobaron a variedade, frescura e calidade dos exemplares descargados no Porto de Vigo, líder europeo en descargas de peixe para consumo humano. Posteriormente Otero e Ampuero trasladáronse ao Centro Superior de Hostalería de Galicia ( CSHG), onde impartiron unha clase maxistral ante un auditorio de alumnos e profesionais do sector da hostalería.

Nota de prensa