As prescriptoras da misión inversa de ECICII+ interesanse por empresas lusas de tratamento de augas e náutica

As prescriptoras da misión inversa de ECICII+ interesanse por empresas lusas de tratamento de augas e náutica

A axenda da misión Inversa Colombia-Panamá do programa europeo ECICII+ organizada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra ( CEP) e orientada aos sectores contract, enxeñería e náutico, trasladouse hoxe ao Porto.

A prescritora colombiana Antonella Farah Louis e Tania González Torres, xerente dunha das divisións da axencia estatal Saneamento de Panamá foron recibidas na sede da Associaçao Empresarial de Portugal (AEP), que forma parte do partenariado do proxecto europeo ECICII+ que lidera a CEP, e no que tamén están integrados o Igape, a Confederación de Empresarios de Ourense ( CEO) e a Associaçao Empresarial de Viana do Castelo ( AEVC). Durante a recepción recibiron información sobre empresas dos sectores do seu interese e sobre a importancia da cooperación transfronteiriza para a internacionalización das pemes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Nota de prensa