Misión a México: Conisoft 2019

Misión a México: Conisoft 2019

No ámbito do proxecto INTERREG  ECICII PLUS desde INEO organízase unha viaxe a México co obxectivo do posicionamento e promoción dos produtos e servizos das Pemes da  euroregion neste país, priorizando as empresas que ofrecen servizos intensivos en coñecemento (TIC, enxeñerías, …) e as da canle  contract.

Para ese efecto, as empresas asistentes participarán no evento:  CONISOFT 2019 e as súas actividades asociadas, un evento de ámbito internacional celebrado en México  DF entre os días 21 e 25 de Outubro de 2019 que está dividido en 2 partes: un  IT  showroom(mostra de produtos e servizos TIC) e Conferencias sobre software e innovación. Alí daranse cabida organismos públicos, empresas de ámbito tecnolóxico de todo o mundo e “talentos”  tic de ata 12 universidades. As empresas contarán cunha caseta compartida no evento, no que poderán facer demos dos seus produtos/servizos e/ou ofrecer información das súas empresas.

A viaxe a México, así como a participación no evento e algúns outros gastos están subvencionados, se estás interesado, contacta connosco no correo ineo@ineo.org e informámosche.

As prazas son limitadas!

Consulta o programa nesta ligazón.