PREGO DE CONTRATACIÓN CEO – Servizo de asesoramento para o deseño de ferramentas de márketing e comunicación innovadoras para a internacionalización das empresas da Eurorrexión

A Confederación Empresarial de Ourense ( CEO) é beneficiaria do proxecto europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP), denominado ECICII PLUS “Estrutura Empresarial Conxunta para o Impulso e a Captación de Iniciativas de Internacionalización”,financiado no marco do Programa Operativo EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP).

Na Actividade 4: “Potenciación do coñecemento dos produtos e as vantaxes competitivas das empresas da Eurorrexión en mercados de destino”, a CEO ten prevista a realización dun Servizo de asesoramento para o deseño de ferramentas de márketing e comunicación innovadoras para a internacionalización das empresas da Eurorrexión.

Necesidade de contratación

Para a execución desta actividade, e dados os recursos de que dispón a organización, considera necesaria a contratación de servizos externos especializados para realizar con éxito e dentro do prazo temporal establecido, esta actividade. Na seguinte ligazón pode descargarse o Prego de condicións para concorrer á contratación por parte da Confederación Empresarial de Ourense para a realización dun Servizo de asesoramento para o deseño de ferramentas de márketing e comunicación innovadoras para a internacionalización das empresas da Eurorrexión.