Prego de condicións para a contratación de ACTIVIDADES DE ANÁLISE COMPETITIVA DE MERCADOS E EMPRESAS NO MARCO DO PROXECTO POCTEP ECICII PLUS

Prego de condicións para a contratación de ACTIVIDADES DE ANÁLISE COMPETITIVA DE MERCADOS E EMPRESAS NO MARCO DO PROXECTO POCTEP ECICII PLUS

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) foi beneficiaria dun proxecto europeo de Cooperación transfronteiriza (Poctep), denominado ECICII PLUS.

Tal e como vén reflectido na memoria de candidatura do proxecto Poctep, considera necesario contratar os servizos dunha asistencia técnica externa que permita realizar dentro do calendario establecido no proxecto determinadas actividades priorizadas para a súa execución durante o ano 2018/19.
As actividade é a seguinte:

Actividade 1: “Análise competitiva de mercados e empresas” realízase un ánálisis do potencial exportador das empresas da eurorrexión cun apoio personalizado no proceso para tratar de favorecer a internacionalización das PEMES, entre todos os socios.

A CEP ten nesta actividade a responsabilidade de realizar plans de internacionalización para un grupo mínimo de oito (8) PEMES.
Ademais e para poder realizar convenientemente estes plans, realizarase un labor de asesoramento cun mínimo de cincuenta e cinco (55) Pemes das que preferiblemente sairán as empresas ás que finalmente se lles realicen os plans de internacionalización.

Para realizar esta actividade convenientemente a empresa adxudicataria deberá propoñer un equipo de traballo que poida ter contacto continuo directo coas empresas coas que se traballa con reunións presenciais. Destes asesoramentos deberá emitir un breve informe de cada un deles cun mínimo de cincuenta e cinco (55) informes de asesoramento realizados. Para a realización de ambas as actividades (plans e asesoramentos) a adxudicataria deberá convir coa CEP a cesión dun espazo de reunión coas empresas e/ou visitalas nas súas respectivas sedes. Aínda que os asesoramentos poderán ser realizados a través de instrumentos de novas tecnoloxías.

A documentación deberá ser presentada na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra na Rúa García Barbón nº104; Vigo; Pontevedra con data límite 19 de Julio de 2019 ás 14.00 h.

Consulta o Prego de Internacionalización e Asesoramiento.