Programa de Marketing Dixital Internacional no sector agroalimentario

A Confederación Empresarial de Ourense ( CEO) pon en marcha o Programa de Marketing Dixital Internacional dirixido a pemes agroalimentarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A participación é gratuíta, con prazas limitadas. Para inscribirse pode cumprimentar e enviar o sinxelo Formulario de Inscrición que atopará facendo  CLIK AQUÍ. Tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a europeos@ceo.es

Esa acción está financiada pola U.E. e o FEDER, a través do programa de Cooperación  Tranfronteriza Galicia-Norte de Portugal, POCTEP da U.E., e desenvólvese no marco do proxecto  ECICII+ para toda a eurorrexión, e organizada pola  CEO.

O programa da  CEO ten o obxectivo de que as empresas aproveiten e poñan en práctica as ferramentas que ofrece o márketing dixital para chegar a novos mercados. Para iso pasarán por catro fases, nas que se contemplan accións de formación para aprender as ferramentas esenciais e asesoramento individualizado para definir unha estratexia de márketing e implementala.

Todas as accións de formación serán impartidas de maneira  online e traballarase de forma individual con cada unha das empresas,  tutorizándolas durante 5 semanas, e apoiándoas en cuestións como a mellora da súa imaxe corporativa na internet para ter unha presenza  online máis competitiva no comercio internacional.