Programa de teleformación | Perspectiva e oportunidades de negocio en México, na situación actual

Programa de teleformación | Perspectiva e oportunidades de negocio en México, na situación actual

A  CEO pon en marcha o Programa de Teleformación sobre “Perspectiva e Oportunidades de Negocio en México, na situación actual” que se desenvolverá do 30 de xuño ao 14 de xullo, todos os martes de 10:00 a 11:30 h, a través da plataforma  Zoom.

A asistencia é gratuíta previa inscrición. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Para inscribirse pode cumprimentar e enviar o Formulario de Inscrición que atopará facendo CLICK AQUÍ.Tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a europeos@ceo.es

O programa comezará con 3 xornadas ou bloques nos que se tratarán temáticas diversas sobre as oportunidades de negocio en México e cunha 4ª xornada na que, mediante cita previa, atenderase ás empresas participantes de maneira individual para atender as súas cuestións específicas.

Esta acción celébrase no marco do proxecto  ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

A continuación presentámoslle esta invitación en formato dixital, no caso de que non poida vela correctamente rogámoslle faga CLICK AQUÍ  CLICK AQUÍ  para abrila no seu navegador.