O proxecto Estrutura Empresarial Conxunta para o Impulso e a Captación de Iniciativas de Internacionalización, ECICII +, enmárcase dentro do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
O proxecto busca fortalecer a capacidade de internacionalización das pemes da Eurorrexión a través da intensificación da cooperación transfronteiriza y do aproveitamento das sinerxías da experiencia galega e do norte de Portugal, apostando tamén pola experimentación con modelos de internacionalización multisectorial.
ECICII + diríxese a sectores estratéxicos tales como o sector agroalimentario, canal contract e servizos intensivos en coñecemento.
Así, o obxectivo é fomentar que as empresas intensivas en coñecemento se alíen con empresas de sectores tradicionais con maior experiencia en internacionalización para saír ao exterior cunha oferta conxunta.
O partenariado de ECICII + está integrado polos seguintes seis SOCIOS: