RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DUNHA MISIÓN INVERSA DE MÉXICO NO MARCO DO PROXECTO ECICII+

RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DUNHA MISIÓN INVERSA DE MÉXICO NO MARCO DO PROXECTO ECICII+

A Confederación Empresarial de Ourense ( CEO) é beneficiaria do proxecto europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP), denominado ECICII PLUS “Estrutura Empresarial Conxunta para o Impulso e a Captación de Iniciativas de Internacionalización”, financiado no marco do Programa Operativo EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP).

Na Actividade 2: “Consolidación de servizos conxuntos de apoio á internacionalización”, a CEO ten prevista a realización dunha misión inversa procedente de México.

Para a execución desta actividade, e dados os recursos de que dispón a organización, considerouse necesaria a contratación de servizos externos especializados para realizar con éxito, e dentro do prazo temporal establecido, esta misión inversa.

Tras as ofertas presentadas a concurso en resposta ao prego de condicións que debe rexer a contratación dos servizos de asistencia técnica externa para a organización e desenvolvemento da misión, o órgano de contratación publica a Resolución da adxudicación da ORGANIZACIÓN DUNHA MISIÓN INVERSA PROCEDENTE DE MÉXICO.