Workshop con compradores estranxeiros de Singapura, Polonia e EE. UU.

Workshop con compradores estranxeiros de Singapura, Polonia e EE. UU.

O 4 de xullo ás 10 horas na Confederación Empresarial de Ourense (CEO), na que participarán compradores estranxeiros nos mercados de Singapura, Polonia e EE. UU., para compartir os seus intereses nos produtos agroalimentarios da Eurorrexión.

Esta iniciativa pretende facilitar a cooperación entre empresas de Galicia e Norte de Portugal para a creación de alianzas estratéxicas, coas que poden conseguir unha oferta máis competitiva, que lles permita: aumentar o interese dos compradores, dar resposta a pedidos de cantidades máis grandes, reforzar o seu posicionamento, reducir os custos de transporte e incrementar a súa competitividade, entre moitas outras vantaxes.

A primeira fase das Alianzas Estratéxicas na Eurorrexión (Galicia – Norte de Portugal) desenvolverase a través de talleres, onde compradores provenientes de Singapura, Polonia e EE. UU., falarán do potencial dos seus mercados, as súas principais oportunidades, requisitos de exportación e necesidades actuais de produto das súas empresas. O seu especial interese en produtos céntrase en:

  • Viños
  • Cervexa
  • Licores
  • Conservas de peixe e marisco
  • Queixo
  • Embutidos gourmet

Nunha segunda fase haberá espazo para a discusión das oportunidades presentadas, para a formación de grupos de traballo que se materialicen en alianzas estratéxicas loxísticas e promocionais.

A terceira fase consistirá na tutorización e acompañamento das alianzas creadas coa finalidade de concretar e impulsar a resposta ás oportunidades expostas.

A asistencia é gratuíta previa inscrición cumprimentando e enviando o Formulario de Inscrición que atopará na seguinte ligazón.

Consulta o programa do workshop.