28 de xullo| Taller de Autodiagnóstico do Potencial Exportador

28 de xullo| Taller de Autodiagnóstico do Potencial Exportador

Taller de Autodiagnóstico do Potencial Exportador:

Pode a súa empresa exportar? Quere saber como facelo? Primeiros pasos para a internacionalización de empresas galegas e portuguesas

Será 100% on- line, a través da plataforma de videoconferencias Zoom, e terá lugar o martes 28 de xullo de 09:00 a 11:30 horas.

A participación é gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orde de inscrición. Para inscribirse pode cumprimentar e enviar o sinxelo Formulario de Inscrición que atopará facendo CLICK AQUÍ. Tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a europeos@ceo.es

 

 Obxectivo:

Empresas non exportadoras ou exportadoras ocasionais non consolidadas: Axudar a valorar se a súa empresa está no momento óptimo para exportar e conta coas ferramentas necesarias para dar o salto ou mellorar substancialmente as súas posibilidades exportadoras.

Empresas exportadoras: Facilitar a toma de decisións sobre ampliación ou localización de novos mercados.

Fases:

1º Autodiagnóstico de internacionalización. 28 de xullo de 9 a 11:30 horas

Taller en formato online interactivo dirixido polo recoñecido experto en programas de internacionalización, Jesús Albizu Soriano.

Cada empresa participante realizará un cuestionario coas explicacións e alternativas que o experto vai proporcionando durante o taller. Ao termo obterá o seu propio autodiagnóstico.

2ª Reunión individualizada con cada empresa. 10 Prazas dispoñibles.

Primeira semana de agosto segundo dispoñibilidade das empresas.

Entrevista personalizada coas persoas da empresa que acudiron ao taller para interpretar conxuntamente os resultados do autoanálisis e establecer conclusións e recomendacións sobre os camiños para seguir.

  • Tipo de mercados obxectivos que mellor conveñen.
  • Forma de actuación dentro do mercado elixido.
  • Recomendacións de acción para iniciar o proceso.

A metodoloxía empregada no Taller de Autodiagnóstico de Internacionalización é de aplicación na Eurorrexión, cun procedemento de inicio á internacionalización estandarizado para as empresas galegas e portuguesas.

Esta xornada celébrase no marco do proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da Eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

A continuación presentámoslle esta invitación en formato dixital, no caso de que non poida vela correctamente rogámoslle faga CLICK AQUÍ para abrila no seu navegador.