Prego de contratación CEO | Organización dunha misión inversa virtual procedente de Estados Unidos e México

Prego de contratación CEO | Organización dunha misión inversa virtual procedente de Estados Unidos e México

A Confederación Empresarial de Ourense ( CEO) é beneficiaria do proxecto europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP), denominado  ECICII PLUS “Estrutura Empresarial Conxunta para o Impulso e a Captación de Iniciativas de Internacionalización”, financiado no marco do Programa Operativo  EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP).

Na Actividade 2: “Consolidación de servizos conxuntos de apoio á internacionalización”, a CEO ten prevista a realización dunha misión inversa virtual procedente de Estados Unidos e México.

Necesidade de contratación

Para a execución desta actividade, e dados os recursos de que dispón a organización, considera necesaria a contratación de servizos externos especializados para realizar con éxito, e dentro do prazo temporal establecido, esta misión inversa virtual.

Na seguinte ligazón pode descargarse o Prego de condicións para concorrer á contratación por parte da Confederación Empresarial de Ourense para a realización dunha misión inversa virtual de Estados Unidos e México.

 

Descargar prego de contratación